Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración por expediente de expropiación, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoracións da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada parque eólico Monte Tourado-Eixe, no concello de Vimianzo (expediente IN661A 2011/20-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2011/20-1.

Entidade beneficiaria: Fenosa Wind, S.L.

Denominación da instalación: parque eólico Monte Tourado-Eixe.

Concello: Vimianzo.

Predio

Lugar

Titularidade proposta

48

Entre Regos

Herdeiros de Manuel Caamaño Caamaño