Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15326

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 26 de febreiro de 2020 pola que se autorizan os módulos do bloque común, na modalidade semipresencial e a distancia, no centro autorizado de ensinanzas deportivas Montecastelo, de Vigo.

A representante da titularidade do centro autorizado de ensinanzas deportivas (CAD) Montecastelo, de Vigo, solicita autorización para impartir os módulos do bloque común na modalidade semipresencial e a distancia.

Pola Orde do 24 de marzo de 2015, autorízase o CAD Montecastelo para impartir as ensinanzas conducentes á obtención do título de técnico deportivo e técnico deportivo superior en Fútbol (DOG do 15 de abril).

O Real decreto 1363/2007, do 24 de outubro, establece a ordenación xeral das ensinanzas deportivas de réxime especial, e no seu artigo 24 sinala a posibilidade de ofertar ensinanzas deportivas de xeito modular ou parcial, ben sexa en réxime presencial ou a distancia.

O Decreto 410/2003, do 6 de novembro, regula os requisitos e o procedemento para a autorización a centros privados e a centros públicos que non sexan de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para impartir ensinanzas de técnicos deportivos na Comunidade Autónoma de Galicia; norma desenvolvida polas ordes desta consellería do 12 de abril de 2004 e do 23 de abril de 2004, nas que se determinan o procedemento de autorización e os requisitos mínimos dos espazos administrativos e docentes xenéricos cos que deben contar os centros.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar, na modalidade semipresencial e a distancia, o bloque común no centro autorizado de ensinanzas deportivas Montecastelo, de Vigo, código 36024884.

Artigo 2. Inicio da actividade

Antes da posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá a docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

A titularidade do centro queda obrigada ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión da autorización cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional