Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15454

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela

EDICTO (334/2018).

Miriam De Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Redondela, por medio deste edicto anuncia:

Sentenza 170/2019

Redondela, 11 de outubro de 2019.

Visto por min, Consuelo Ángela Arenosa Pereira, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Redondela, os autos do xuízo verbal núm. 334/2018 promovidos por Recreativos Mafari, S.A., representados polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández e asistidos polo letrado José Cuíñas Rodríguez, contra José Luis Sanmaful Rodríguez, en rebeldía procesual,

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais Pedro Sanjuán Fernández, en nome e representación de Recreativos Mafari, S.A., e debo:

1º. Declarar resolto o contrato subscrito con data do 6 de xullo de 2017 entre Recreativos Mafari, S.A. e José Luis Sanmaful Rodríguez.

2º. Condenar o demandado José Luis Sanmaful Rodríguez a aboar á demandante a cantidade de dous mil cincocentos euros (2.500 euros), máis os xuros legais e as custas procesuais.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Esta resolución é firme e fronte a ela non cabe ningún recurso.

Redondela, 31 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza