Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Luns, 9 de marzo de 2020 Páx. 15497

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carnota

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de dotacións para o equipamento sociocultural no Valadiño.

O pleno da Corporación na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de xaneiro de 2020, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o Plan especial de dotacións para equipamento sociocultural no Valadiño, asinado polo arquitecto José Lorenzo Crespo Rama con data do 21.8.2019.

2. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia no prazo dun mes, de conformidade co artigo 82.2 da LSG.

Igualmente, xunto coa publicación deste acordo, publícase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no medio natural da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico no que figurará o contido íntegro do plan á disposición do público.

3. Remitir á consellería competente en materia de urbanismo á documentación exixida no artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o plan especial no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, unha vez publicado o anuncio no DOG.

4. Publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrito no rexistro o instrumento de planeamento.

5. Publicar o contido íntegro do dito plan na sede electrónica do Concello www.carnota.gal.

Contra o acordo de aprobación definitiva do citado plan especial, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Carnota, 13 de febreiro de 2020

Juan Manuel Saborido Rama
Alcalde