Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 2010/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despido/cesamentos en xeral 210/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Alves contra José Ces Alcalde, S.L., Óscar Pérez López, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou con data do 11 de febreiro de 2020 sentenza contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da mencionada resolución na Secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza