Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15691

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre

ANUNCIO de convocatoria de trinta bolsas para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual.

A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, en colaboración coa Fundación Amancio Ortega Gaona, convoca 30 bolsas (10 delas destinadas a alumnos estranxeiros que inclúen unha dotación económica de 3.500 euros cada unha) para estudar o máster en Produción Xornalística e Audiovisual da Universidade da Coruña, durante o curso académico 2020/21. Prazo de envío e presentación de solicitudes para os alumnos estranxeiros: ata o 30 de abril de 2020. A segunda convocatoria, no caso de que queden prazas vacantes para os alumnos estranxeiros, e o calendario de inscrición dos alumnos nacionais rexeranse polas datas que a Universidade da Coruña ten pendente de aprobación, e que serán publicadas na web do máster (www.mpxa.net).

Bases da convocatoria e solicitudes dispoñibles na páxina web www.mpxa.net

A Coruña, 18 de febreiro de 2020

José Francisco Sánchez Sánchez
Director da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre