Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Martes, 10 de marzo de 2020 Páx. 15689

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2020, do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións, polo que se fai pública a Resolución do 11 de novembro de 2019, referente á convocatoria para prover unha praza de subalterno.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 19, do mércores 29 de xaneiro de 2020, se publicaron as bases xerais e específicas que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público do ano 2017.

A presidenta do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións do Concello de Pontevedra, convocou, mediante a Resolución do 11 de novembro de 2019, o proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, da praza vacante no citado organismo autónomo incluída na oferta de emprego público do ano 2017, que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: agrupación profesional. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala subalterna. Número de vacantes: 1. Denominación: subalterno.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios do Concello de Pontevedra situada na rúa Michelena, 30 e no taboleiro de anuncios electrónico nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 29 de xaneiro de 2020

María do Carme Fouces Díaz
Presidenta do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións