Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15806

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 20 de xaneiro de 2020, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa solicitada por Curropesca, S.L. para a ocupación de caseta de bombeo e tubaxes para dar servicio á cetaria depuradora de marisco, no dominio público portuario de Portocubelo (expediente 12-37-19-C-1).

Estase tramitando unha concesión administrativa solicitada por Curropesca, S.L. para seguir ocupando a caseta de bombeo e tubaxes para dar servizo á cetaria depuradora de marisco, no dominio público portuario de Portocubelo, tras o levantamento da acta de reversión da antiga concesión administrativa outorgada á mesma sociedade, de acordo cun plano das instalacións.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2020

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro