Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, en relación co procedemento ordinario número 434/2019, interposto por Ángel Rodríguez Fernández e Alicia López Deiros, contra a denegación por silencio administrativo da solicitude de recurso de revisión fronte á Resolución da APLU do 3 de agosto de 2016, recaída no expediente de reposición da legalidade LUG/78/2013, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.
Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP), notifícaselle por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a César Rodríguez López para que poida presentarse como interesado nos autos no prazo de nove (9) días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística