Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Mércores, 11 de marzo de 2020 Páx. 15770

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (245/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 245/2019 deste xulgado do social se ditou o 12 de febreiro de 2020 sentenza contra a que non cabe interpoñer recurso ningún. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Cruz Veiga, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza