Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de febreiro de 2020, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Armadores de Burela, S.A. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á sociedade Armadores de Burela, S.A. no dominio público portuario do porto de Burela para a construción dunha nova lonxa climatizada e informatizada (expediente 14-05-98-C-1).

O día 16 de xaneiro de 2020 a presidenta de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada á empresa Armadores de Burela, S.A. no dominio público portuario do porto de Burela para a construción dunha nova lonxa climatizada e informatizada, de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 13 de febreiro de 2020

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte