Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15879

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de febreiro de 2020 pola que se anuncia a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, de 4 de maio) e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2 c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna os requisitos sinalados no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela), nas súas xefaturas territoriais ou nas oficinas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán unir á petición un currículo xustificando documentalmente os méritos que aleguen.

Quinto. Se a persoa seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde ten destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado á Comunidade Autónoma, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá declararse deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, ou de vinte días hábiles se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de persoal funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Código: EI.C99.20.903.15770.001.

Consellería: Economía, Emprego e Industria.

Denominación do posto: director/a Centro Integrado Formación Profesional.

Dependencia: Xefatura Territorial da Coruña.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: funcionario/laboral.

Grupo/subgrupo: subgrupo A1-A2/grupo I-II.

Nivel: 26.

Complemento específico: 14.300,30.

Tipo de adscrición: AXG (adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia).

Observacións RPT: cando sexa vacante transformar en nivel 26, subgrupos A1-A2 e grupos I-II. Si é persoal laboral grupos: I, II // complemento singularidade ata importe do subgrupo A1-A2, nivel 26, co límite establecido no convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.

missing image file