Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 5 de febreiro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rochairo a favor dos/das veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro, na parroquia de Acevedo do Río (San Xurxo), no concello de Celanova (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 6 de novembro de 2019, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado O Rochairo a favor dos/das veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro, na parroquia de Acevedo do Río (San Xurxo), no concello de Celanova (Ourense) resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 26 de xaneiro de 2018, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Manuel Míguez Méndez, no que solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas O Rochairo.

Segundo. Con data do 13 de marzo de 2019, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións ás que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: O Rochairo.

Superficie: 14,36 ha.

Pertenza: veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro.

Parroquia: Acevedo do Río (San Xurxo).

Concello: Celanova.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Os terreos obxecto da solicitude constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. As parcelas catastrais están separadas por camiños que corresponden á mesma parcela catastral nº 9006, do polígono 111, do concello de Celanova. O monte está constituído polas 12 parcelas catastrais seguintes:

Denominación do predio: Barazal.

Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Polígono

Parcelas

Celanova

111

462-465-464-259-477-258-233-232-208-245-207-145

a) Perímetro exterior:

Parcelas catastrais lindeiras:

Linde

Concello

Polígono

Parcelas/ref. catastrais

Norte

Ramirás

503

1913

4

8-9001

Leste

Ramirás

4

48

Celanova

111

480-237-9006-236-235-234-241-242-243-246-247-248-

251-253-490-489-488-487-485-483-482-481-9001-

001400400NG86G0001MP-001900100NG86G0001ZP-

001900600NG86G0001BP-001900700NG86G0001YP

Sur

Celanova

111

9001-9006

Oeste

Celanova

111

9006-463-430-431-419-432-433-434-435-437-436-418-417-416-415-231-230-229-228-218-212-203-204-206-173-172-149-147-148-144-134

b) Perímetro interior (encravados):

Como xa se citou anteriormente as parcelas catastrais que constitúen o monte están separadas por camiños que corresponden a unha mesma parcela catastral identificada co nº 9006, do polígono 111, no concello de Celanova.

Dentro da parcela catastral nº 477, do polígono 111, atópanse encravadas as parcelas catastrais nº 484, 486 e 491, do mesmo polígono 111, e tamén as parcelas coas referencias catastrais seguintes: 001900500NG86G0001AP, 001900900NG86G0001QP, 001900800NG86G0001GP. Dentro da parcela catastral nº 259, do polígono 111, atópase tamén encravada a parcela coa referencia catastral seguinte: 001901000NG86G0001YP.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado O Rochairo a favor dos/das veciños/as de San Cibrao e Cavadoiro, na parroquia de Acevedo do Río (San Xurxo), no concello de Celanova (Ourense) de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso- administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 5 de febreiro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense