De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen comparecer, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 19 de febreiro de 2020
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: SAN-PO-0070/2019-IA.
Denunciado: 35321273N.
Acto de notificación: acordo de incoación.