Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Fajardo e F.A. I.

Vistos os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas Fajardo e F.A. I e da concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escritos do 11 de xullo de 2019, Clotilde García Nogueira solicitou autorización para a transmisión mortis causa das concesións administrativas e das bateas Fajardo e F.A. I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. Os informes do Servizo de Protección de Recursos sobre as características das bateas son favorables.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Clotilde García Nogueira (***2264**), Eva María Dopazo García (***6264**) e Pablo Dopazo García (***7692**), das concesións que se indican a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Fajardo.

Situación:

Cuadrícula nº: 198.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 10.10.1980.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Tipo: batea.

Nome: F.A. I.

Situación:

Cuadrícula nº: 28.

Polígono: C.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 22.3.1961.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Clotilde García Nogueira (***2264**) e José Luis Dopazo Romero (***0634**).

Novos titulares: Clotilde García Nogueira (***2264**), Eva María Dopazo García (***6264**) e Pablo Dopazo García (***7692**).

Os novos titulares das concesións subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de febreiro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo