Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15946

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Goday III.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Goday III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 12 de novembro de 2019, José Luis Goday Camaño solicitou autorización para a transmisión da concesión administrativa e da batea Goday III.

Segundo. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas dirección xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Óscar Busto Pérez (***0174**) e Ana María Pérez Domínguez (***3094**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Goday III.

Situación:

Cuadrícula nº: 104.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis), vieira (Pecten maximus) e volandeira (Aequipecten opercularis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 8.8.1977.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: José Luis Goday Camaño (***4646**).

Novos titulares: Óscar Busto Pérez (***0174**) e Ana María Pérez Domínguez (***3094**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 19 de febreiro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo