Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Xoves, 12 de marzo de 2020 Páx. 15979

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Vicedo

ANUNCIO para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples.

Resolución do 20 de decembro de 2019, modificada por Resolución do 20 de xaneiro de 2020, do Concello do Vicedo (Lugo), referente á convocatoria para a cobertura dunha praza de operario de servizos múltiples.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 50, do 2 de marzo de 2020, anúnciase proceso selectivo para a cobertura, por funcionario de carreira, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de operario de servizos múltiples do Concello do Vicedo.

A praza, vacante no cadro de persoal do Concello do Vicedo, encádrase na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, asimilada ao grupo E, CD 14, estando incluída na oferta de emprego público de 2016.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os anuncios sucesivos publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo, taboleiro de edictos da Corporación e/ou xornais de maior difusión da provincia de Lugo.

O Vicedo, 5 de marzo de 2020

José Jesús Novo Martínez
Alcalde