Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 6 de marzo de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra coa clave PO/17/141.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por este anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de construción do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020: mellora da seguridade viaria (MSV) no contorno de treitos de concentración de accidentes na estrada PO-551, puntos quilométricos 7+800 a 8+800, coa clave PO/17/141.06, que terá lugar nos concellos de Bueu (rúa de Eduardo Vicenti, 8) o día 26 de marzo de 2020 e Marín (avenida de Ourense, s/n) o día 27 de marzo de 2020.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmos ou representadas por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten la titularidade que invocan.

As persoas poden consultar o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 6 de marzo de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

1

36026A05506011

Tomé Martínez, Adolfo (herdeiros de)

27.3.2020

11.00

2

36026A05500231

Lorenzo Freire, Manuel

27.3.2020

11.15

5

36004A04900013

García Torres, Manuel

26.3.2020

10.00

7

36004A04900020

Entenza Freire, Rosario

26.3.2020

10.15

14

36004A05000014

Atrio Abad, Emilio

26.3.2020

11.15

15

36004A05000114

Rúa Santaclara, Ángel

26.3.2020

11.15

30

36004A02900059

García Torres, Vicente (herdeiros de)

26.6.2020

10.00

31

36004A02900060

García Lorenzo, José (herdeiros de)

26.3.2020

13.00

32

36004A02900061

García Lorenzo, José (herdeiros de)

26.3.2020

13.00