Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16465

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 9 de marzo de 2020 pola que se publica a primeira ampliación de crédito da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

A Orde do 13 de agosto de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2019-2021 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas, para os exercicios 2019-2020 (código de procedemento TR301P), e establécense as bases do Programa de incentivos á actividade laboral vinculada ás accións formativas con compromiso de contratación inmediata para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR349X), establece no seu artigo 2.2 que se poderá ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito, ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

A Orde do 17 de decembro de 2019, que se publicou o 23 de decembro de 2019, ten por obxecto proceder á segunda convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva e no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para o financiamento das accións formativas para o emprego con compromiso de contratación en unidades formativas nas empresas e da actividade laboral asociada, dirixidas ás persoas traballadoras desempregadas, a través do Programa de financiamento de accións formativas con compromiso de contratación inmediata (código de procedemento TR301P).

En consecuencia, ao existir remanentes incorporados na mesma aplicación orzamentaria, que financia esta orde de convocatoria, cómpre ampliar o crédito destinado ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 17 de decembro de 2019, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2019, nas seguintes contías e aplicación orzamentaria, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Aplicación

Proxecto

Importe

2020

2021

Inicial

09.41.323A.471.0

2013 00545

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

3.094.952,35 €

3.464.544,85 €

Total

09.41.323A.471.0

2013 00545

5.094.952,35 €

5.464.544,85 €

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria