Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Luns, 16 de marzo de 2020 Páx. 16472

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2020 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados por esta consellería ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 26 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de caracterización de procedencias de Pinus sylvestris ensaiadas en distintas localizacións en Galicia, cofinanciada con Feader no marco PDR de Galicia 2014-2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: caracterización de procedencias de Pinus sylvestris ensaiadas en distintas localizacións en Galicia e que é xestionada pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de marzo de 2020 ata o 31 de maio de 2022.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e tres mil douscentos corenta e sete euros con catorce céntimos (73.247,14 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.713B.640.1 (código de proxecto 2016 00202).

2. Resolución do 23 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de seguimento e control na zona de demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena para o ano 2020 na provincia de Pontevedra. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos de seguimento e control na zona de demarcada entre 1,5 e 20 km e zona tampón a partir dos 20 km do Bursaphelenchus xylophilus no territorio declarado en corentena para o ano 2020 na provincia de Pontevedra, xestionados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón catrocentos noventa e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e dous céntimos (1.499.999,92 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.713E.604.0 e 14.04.713E.604.1 (código de proxecto 2012 00745).

3. Resolución do 26 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de cría e multiplicación de Tamarixia Dryi. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: cría e multiplicación de Tamarixia Dryi como método oficial de loita contra o psílido africano dos cítricos (Trioza Eritrae), xestionados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e oito mil setecentos oitenta e nove euros con trinta e oito céntimos (128.789,38 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

4. Resolución do 10 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos de realización dos programas de sanidade e produción animal para o ano 2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización dos programas de sanidade e produción animal (brucelose, tuberculose...) para o ano 2020 no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, centrándose determinadas actuacións de control nas zonas de especial risco epidemiolóxico, xestionados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de sete millóns douscentos vinte e cinco mil trinta e oito euros con trinta e nove céntimos (7.225.038,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.713E.640.1 (códigos de proxecto 2010 00977 e 2013 00713).

5. Resolución do 23 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos de tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia para o ano 2020. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: tramitación de medidas nos programas de desenvolvemento rural de Galicia para o ano 2020 co obxectivo de axilizar e dar mellor cumprimento á tramitación dos expedientes mediante servizos técnicos de apoio na xestión de expedientes de axudas relativos a medidas do Plan de desenvolvemento rural de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e catro mil cento setenta euros con cincoenta e catro céntimos (64.170,54 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.2 (código de proxecto 2016 00184).

6. Resolución do 23 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos de apoio no plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp e Tecia solanivora). Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e/ou erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia, xestionados pola Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de decembro de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón catrocentos corenta e nove mil quinientos oitenta e tres euros con cincuenta e seis céntimos (1.449.583,56 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759), 14.04.713E.604.1 (código de proxecto 2012 00745) e 14.04.713E.640.1 (código de proxecto 2009 00724).

7. Resolución do 26 de decembro de 2019, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) os traballos de apoio técnico á representación autonómica de Galicia na formación de agricultura do Consello da UE. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico á representación autonómica de Galicia na formación de agricultura do Consello da UE, apoiando as reunións dos grupos de traballo preparatorios do Consello de Ministros de Agricultura.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2020 ata o 30 de xuño de 2020.

– Importe: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta e catro mil catrocentos trinta e oito euros con noventa e un céntimos (64.438,91 €), con cargo á aplicación orzamentaria 14.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural