Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 3 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-105/2020-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-105/2020-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 3 de marzo de 2020

O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións por Resolución do 6.11. 2019
(Orde do 8 de setembro de 2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-105/2020-PPM

76965660R

Inicio

Ribeiriña, Postmarcos, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-128/2020-PPM

52456633G

Inicio

R/ Unión, 39-2º, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-136/2020-PPM

53482316W

Inicio

Crocha de Levante, 41, A Pobra do Caramiñal