Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Martes, 17 de marzo de 2020 Páx. 16834

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020 polo que se notifica resolución de execución subsidiaria ditada en expediente de reposición da legalidade urbanística IU1/40/2010.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística o 11 de xullo de 2019, acordou a execución subsidiaria pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, da orde de demolición das obras de construción dunha vivenda localizada no lugar de Reira, terreo do Pao, no termo municipal de Camariñas, provincia da Coruña.

Dado que o titular actual do inmoble afectado polo expediente é descoñecido, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos posibles interesados a dita resolución, por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

En atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, o acto non se publica na súa integridade, atopándose o texto íntegro da resolución que se notifica nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poden interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Os prazos contaranse desde a comparecencia ou, se esta non se produce, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística