De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1079/2019-PRE.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU del BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.
A persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulgue oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.
A Coruña, 5 de marzo de 2020
O xefe territorial da Coruña
Por delegación de funcións mediante a Resolución do 6 de novembro de 2019
(Orde do 8 de setembro de 2017; DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños da Coruña
ANEXO
|
Nº expediente |
DNI/NIF/NIE |
Acto que se notifica |
Enderezo |
|
PSC-CO-1079/2019-PRE |
32803446H |
Proposta |
Antonio Ínsua Rivas, 50-2º, A Coruña |


