Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 58/2020, PO 67/2020 e PO 73/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados nos recursos contencioso-administrativos PO 58/2020, PO 67/2020 e PO 73/2020 contra a Orde do 22 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (DOG núm. 225, do 26 de novembro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública