Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Venres, 20 de marzo de 2020 Páx. 17092

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2020 pola que se convocan as actividades de formación para o persoal da Administración local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobado o programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2020 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Bases

Primeira. Requisitos das persoas participantes

Poderá participar nas accións formativas convocadas nesta resolución o persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional e o resto do persoal empregado público ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea prestando servizos noutras administracións públicas de Galicia, que se encontre en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Está exceptuado o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia, policía local e bombeiros.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, duración e condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se poden solicitar limítase a cinco.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha o varias sesións presenciais das actividades. Cando o/a alumno/a teña coñecemento de que foi seleccionado/a para un curso que teña coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionado/a debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que se realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un ordenador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (maternidade, discapacidade, etc) de acordo cos criterios de selección poderán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Comprobación de datos

1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos das persoas interesadas necesarios para realizar o proceso de selección das actividades formativas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na administración.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A presentación da solicitude comportará a autorización da persoa solicitante ao órgano xestor para pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios da EGAP.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro), sen prexuízo dos criterios específicos establecidos no epígrafe «destinatario» de cada actividade formativa incluída no anexo II desta resolución.Terán preferencia os funcionarios con habilitación de carácter nacional naqueles cursos que vaian dirixidos a eles expresamente.

O baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2020, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 30 de xaneiro (DOG núm. 27, do 10 de febreiro), comezarase pola letra S.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar no dito curso, así como un número adecuado de reservas de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda.

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto polos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia, asistencia e puntualidade

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte das persoas responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación de tres días ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar preferentemente o enderezo de correo electrónico
<xestion.egap@xunta.gal>, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listas de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante as persoas responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 50 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Superación da actividade formativa

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas desenvolveranse con carácter xeral de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Para poder superar os cursos de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A adecuada realización de todas as actividades que a titoría propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

– A superación das probas de avaliación que para os efectos se establezan.

No anexo II desta convocatoria figuran as probas de avaliación previstas, así como as datas e horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das posibles modificacións das datas e das horas da proba final.

Novena. Certificados

Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto/a ou non apto/a cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o esixan as circunstancias que lle afecten a súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e o cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Valoración

Destinatarios

Localidade/
modalidade

Datas

Data proba de avaliación

Horario

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

LO20006

A lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

20.5.2020 15.6.2020

19.6.2020

Proba de avaliación

16.30 h

LO20015

O réxime xurídico das subvencións das entidades locais. Especial referencia ao control interno

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

28.10.2020 23.11.2020

27.11.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20016

Participación cidadá e transparencia no ámbito local

50

25

Aproveitamento

----

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

14.9.2020 8.10.2020

14.10.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20010

Fiscalización e control da actividade de entes locais

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

8.5.2020 8.6.2020

12.6.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20011

Funcións dos funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional tras a entrada en vigor do Real decreto 128/2018, do 16 de marzo. Especial referencia ás funcións de tesouraría

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

4.5.2020 28.5.2020

3.6.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20009

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

8.5.2020 8.6.2020

12.6.2020

Proba de avaliación

16.30 h

LO20022

A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos

25

15

Aproveitamento

----------

Tecnicos deportivos (persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia).

Presencial

Santiago de Compostela

21.4.2020 23.4.2020

23.4.2020

ás 13.00 h

Os días 21, 22 e 23 de setembro de 9.00 a 14.00 h

LO20013

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

20.5.2020 15.6.2020

19.6.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20014

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

50

25

Aproveitamento

Estatal 0,50

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

14.9.2020 8.10.2020

14.10.2020

Proba de avaliación

16.30 h

LO20023

Creación e xestión de proxectos con fondos europeos para entidades locais

50

25

Aproveitamento

----

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

19.10.2020 13.11.2020

18.11.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20017

Persoal laboral temporal na Administración Local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50 Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

8.5.2020 8.6.2020

12.6.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20020

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,50

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

23.10.2020 23.11.2020

27.11.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20021

Xestión de tesourería municipal

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais de Galicia.

Teleformación

28.4.2020 28.5.2020

3.6.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20024

Ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIX) para entidades locais

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

26.10.2020 26.11.2020

1.12.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20025

Introdución á metodoloxía BIM (Building Information Modeling)

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

26.10.2020 26.11.2020

1.12.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20026

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

35

20

Aproveitamento

Autonómica 0,30

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

11.5.2020 27.5.2020

27.5.2020

ás 18.30 h

Os días 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de maio de 16.30 a 20.00 h

LO20027

O obxectivo de desenvolvemento sostible (ODS) nas entidades locais

30

12

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Presencial

Santiago de Compostela

8.6.2020 16.6.2020

16.6.2020

ás 18.30 h

Os días 8, 9, 15 e 16 de xuño de 16.30 a 19.30 h

LO20029

Plans de saneamento económico financeiro e de axuste nas entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

13.10.2020 13.11.2020

18.11.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20030

Xestión orzamentaria en entidades locais

50

30

Aproveitamento

Estatal 0,45

Autonómica 0,30

Funcionarios con habilitación de carácter nacional que estean prestando servizos na Administración local ou noutras administracións públicas de Galicia.

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

26.10.2020 26.11.2020

1.12.2020

Proba de avaliación

16.30 h

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

LO20005

A implantación da administración electrónica na Administración local

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

5.6.2020 30.6.2020

3.7.2020

Proba de avaliación

19.00 h

LO20012

Introdución á protección de datos persoais. Regulamento europeo 2016/679 de protección de datos

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

6.10.2020 3.11.2020

6.11.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20028

Ofimática na nube Google Drive

50

30

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

23.10.2020 23.11.2020

27.11.2020

Proba de avaliación

16.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

LO20007

Atención á cidadanía

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

20.5.2020 15.6.2020

19.6.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20008

Básico en prevención de riscos laborais

50

50

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

11.5.2020 30.6.2020

3.7.2020

Proba de avaliación

17.30 h

LO20018

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

5.6.2020 30.6.2020

3.7.2020

Proba de avaliación

16.30 h

Lingua galega

LO20019

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

50

15

Aproveitamento

---

Persoal ao servizo das entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Teleformación

14.4.2020 30.4.2020

6.5.2020

Proba de avaliación

19.00 h