Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Os Érbedos, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a modificación de estatutos sociais da entidade Os Érbedos, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral, con data do 28 de agosto de 2018, no Rexistro Provincial de Ourense. O novo capital social mínimo fixouse en 6.170,85 €.

Ourense, 18 de febreiro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense