Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Luns, 23 de marzo de 2020 Páx. 17199

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do acordo de expulsión curso AFD.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron practicar se farán por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, quedando a súa eficacia supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 parágrafo segundo da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Por todo o dito, despois de enviar a notificación persoal no enderezo que consta nos nosos arquivos, sen que esta fora posible, notifícase a Eric Javier Batista Escobar, a resolución do acordo de expulsión do curso AFD 2019/1638 Soldadura Oxigás e Soldadura MIG MAG. A notificación terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Esta notificación non pon fin á vía administrativa, polo que a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria, como órgano superior xerárquico no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da notificación de acordo cos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro. A presente resolución será firme a tódolos efectos si transcorrido un mes desde a súa notificación non se interpuxera recurso de alzada conforme ao disposto anteriormente.

Para ter constancia do contido íntegro do acto que se notifica a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada nas dependencias do Servizo de Orientación e Promoción Laboral da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada na avenida Salvador de Madariaga, 9-1º, 15008 A Coruña.

A Coruña, 10 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña