Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Laureano VII e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro. Mediante escrito do 13 de xaneiro do 2020, Pilar del Rio Pequeño solicitou autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa e da batea Laureano VII.
Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Consideracións legais e técnicas.
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017, de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora, a favor de Daniel Rodríguez del Río (***9565**) e Sonia Rodríguez del Río (***3717**), da concesión administrativa e da batea que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Laureano VII.
Situación:
Cuadrícula nº: 23.
Polígono: C.
Distrito: Cangas (Pontevedra).
Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde de outorgamento: 14.2.1967.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: Pilar del Río Pequeño (***3280**) e Carlos Rodríguez Martínez (***3280**).
Novo titular: Daniel Rodríguez del Río (***9565**) e Sonia Rodríguez del Río (***3717**).
O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 2 de marzo de 2020
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo