Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 24 de marzo de 2020 Páx. 17222

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ACORDO do 20 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se deixa sen efecto o Acordo do 11 de marzo de 2020 polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia.

O 13 de marzo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 50 o Acordo do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, que recollía a previsión de aplicación da tarifa Xente Nova a partir do 23 de marzo.

Con data do 14 de marzo de 2020 publicouse no Boletín Oficial del Estado o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, que entrou en vigor no mesmo momento da súa publicación.

O dito real decreto ten como un dos seus piares, como principal ferramenta para loitar contra a extensión do COVID-19, o confinamento da poboación, e resulta pouco acorde con esta a implantación dunha medida de expansión territorial da tarifa Xente Nova no transporte público interurbano, cuxo obxectivo é precisamente o contrario, facilitar a mobilidade da mocidade.

Polo que,

ACORDO:

Deixar sen efecto o Acordo do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, polo que se establece a primeira expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia.

Este acordo producirá efectos desde a data da súa adopción, sen prexuízo da súa publicación polas mesmas canles de que foi obxecto o acordo que deixa sen efecto.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2020

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade