Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Martes, 24 de marzo de 2020 Páx. 17274

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO de convocatoria para prover varias prazas pola quenda de promoción interna (OEP 2017).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 15, do 23 de xaneiro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes de persoal funcionario no Concello de Cambados incluídas na OEP do ano 2017.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 20 de decembro de 2019 convocáronse os procesos selectivos para a cobertura, pola quenda de promoción interna, de diversas prazas vacantes no Concello de Cambados incluídas na oferta de emprego público do ano 2017, que a continuación se sinalan:

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: encargado/a de obras e servizos.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial de xardinaría.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 2. Denominación: oficial condutor.

– Grupo segundo o artigo 76 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de mantemento.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación, nos termos establecidos nas bases.

Cambados, 3 de febreiro de 2020

Fátima Abal Roma
Alcaldesa