Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 12 de marzo de 2020, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a proposta de Resolución do 14 de febreiro de 2020, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-118/19, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a proposta de resolución de expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes perante o instrutor do procedemento, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nos locais da Área Provincial de Turismo da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, sitos na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, A Coruña, en horario de atención ao público, e a obter, de ser o caso, as copias que consideren oportunas, de acordo co artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 12 de marzo de 2020

Mª del Camino Triguero Salas
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-118/19.

Denunciado: Arateka Arteixo, S.L.

Establecemento: Caramuxo.

Enderezo: Travesía de Oseiro, 18.

Localidade: Arteixo

Precepto infrinxido: artigo 109.2, alínea c) da Lei 7/2011.

Proposta de resolución: 14 de febreiro de 2020.

Sanción:

– Multa de cento cincuenta euros (150 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: cento vinte euros (120 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: noventa euros (90 €).