Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle do cuarteirón R-1 do SUP 3-R, en Perillo (expediente FG número 637).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 27 de febreiro de 2020, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle para reaxustar as rasantes de implantación na edificación do cuarteirón R-1 DO PP SUP 3-R en Perillo (documento R.E. nº 16034, do 20.9.2019).

O estudo de detalle é unha disposición xeral, polo que se poderá interpor recurso contencioso-administrativo contra el ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 3 de marzo de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente