Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 26 de marzo de 2020 Páx. 17388

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza dos autos (540/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número DSP 540/2019 por instancia de Bemyoussef Benthami Oulrhazi contra as empresas Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 28 de febreiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Bemyoussef Benthami Oulrhazi fronte ás empresas Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. ao traballador.

– Declárase extinguida a relación laboral.

– Condénase a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. a aboar a Bemyoussef Benthami Oulrhazi a cantidade de catrocentos trinta e seis euros con noventa e dous céntimos de euro (436,92 euros) en concepto de indemnización.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza