Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17450

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 24/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 24/2020, seguido por instancia de José Delfín Rico García contra Montajes Nortegal, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou auto despachando execución e decreto de embargo con data do 5 de febreiro de 2020, e contra o que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E, para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Montajes Nortegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza