Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17470

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020 de delegación de competencias do Concello de Arbo para desenvolver as facultades de xestión tributaria e recadación das altas no imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 28 de febreiro de 2020, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que solicitou o Concello de Arbo a través de escrito que tivo entrada no Rexistro da Deputación o día 3 de xaneiro de 2020 (número de rexistro 2020000181), para desenvolver as facultades de liquidación previa á primeira matriculación do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

A citada delegación realizaraa a Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

Pontevedra, 2 de marzo de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988,
do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Réxime Interior,
Economía, Facenda, Novas Tecnoloxías e Oral

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra