Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17448

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 531/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 531/2017 por instancia de José Andrés Fernández López contra Ansersis Hostelería, S.A., sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou sentenza o 28 de xaneiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímase a demanda formulada por José Andrés Fernández López fronte á empresa Ansersis Hostelería, S.A., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, condénase a empresa Ansersis Hostelería, S.A. a aboar a José Andrés Fernández López a cantidade de catro mil cincocentos dezaseis euros con setenta e dous céntimos de euro (4.516,72 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ansersis Hostelería, S.A. expido e asino a presente.

A Coruña, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza