Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Luns, 30 de marzo de 2020 Páx. 17515

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 22/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán e Manuel Cerdeira Campos contra a empresa Madeiras Galifor, S.L., sobre despedimento, se pronunciou no día da data dilixencia de ordenación, auto que despachaba a execución e dilixencia de ordenación que sinalaba o incidente de non readmisión para o día 14.5.2020, ás 9.50 horas, impugnables en reposición no prazo de tres días, os cales se atopan ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en forma legal a Madeiras Galifor, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza