Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17795

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020 referente á convocatoria para prover unha praza.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 49, do 11 marzo de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán o proceso selectivo para a cobertura polo sistema de mobilidade, mediante concurso méritos, do posto de traballo de inspector xefe do corpo da Policía local do Concello de Vilanova de Arousa.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na sede electrónica do Concello.

Vilanova de Arousa, 11 de marzo de 2020.

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde