Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2019/186-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS nova saída Sanxenxo, LMTS VLG804 e reforma CT Cámping Portonovo.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: liña de media tensión en catro tramos:

– Actuación 1: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 35 metros de lonxitude con orixe na cela da LMT de saída da subestación de Sanxenxo e final no empalme que se vai realizar na arqueta situada fóra do recinto da subestación.

– Actuación 2: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 4771 metros de lonxitude con orixe no empalme que se vai realizar na arqueta situada fóra do recinto da subestación e final no empalme que se vai realizar co tramo de LMTS existente VLG804 cara o CT Arnelas.

– Actuación 3: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 22 metros de lonxitude con orixe no tramo VLG804 cara a derivación ao CT Supermercados Champion e final no tramo de VLG809 (que pasará a ser VLG804) cara o CT A Barrosa.

– Actuación 4: LMTS a 20 kV con condutor tipo RHZ de 1017 metros de lonxitude con orixe na cela da LMT do CT A Barrosa e final na cela da LMT do CT Cámping Portonovo.

Reforma do CT Cámping Portonovo consistente en substituír as celas 2L1P por un bloque de celas compacto 3L1P. As instalacións están situadas nas parroquias de Nantes, Padriñán e Adina, no concello de Sanxenxo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en toda as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condición establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 13 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra