Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17899

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2019, tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT975I).

Por Orde do 14 de decembro de 2018 (DOG núm. 246, do 27 de decembro) a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo públicas as bases reguladoras para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Segundo o establecido no artigo 26 das citadas bases reguladoras, coa finalidade de garantir o cumprimento dos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, de conformidade co previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas outorgadas ao abeiro da orde antes referida, expresando a convocatoria, programa e aplicación orzamentaria a que se imputen, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade da subvención.

Convén sinalar que estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), ao abeiro do disposto no Regulamento (UE) número 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se deroga o Regulamento (CE) número 1083/2006 do Consello.

As actuacións subvencionables están incluídas no eixe prioritario 6: conservar e protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.1: o investimento no sector dos residuos para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades identificadas polos Estados membros; obxectivo específico 6.1.1: desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento de residuos incluíndo accións de peche de ciclo; considerando tanto os plans de xestión como os investimentos en infraestruturas; actuación 6.1.1.3: financiamento para o fomento de actuacións que contribúan ao desenvolvemento do Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia (PXRUG 2010-2022).

En consecuencia,

RESOLVO:

Publicar as axudas que se relacionan na táboa que se anexa, concedidas ao abeiro do seguinte:

a) Normas reguladoras da convocatoria:

• Orde do 14 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2019, tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT975I) (DOG número 246, do 27 de decembro de 2018).

• Orde do 28 de outubro de 2019 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 14 de decembro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014–2020, ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para o ano 2019 (Diario oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro).

b) Aplicación orzamentaria: 07.02.541D.760.1.

c) Finalidade da axuda: o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

d) Destinatarios: entidades locais municipais e supramunicipais e agrupacións de entidades locais de Galicia, de conformidade coas competencias que lle correspondan en materia de xestión de residuos.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Beneficiarios

Expediente

Solicitante

Actuación

NIF

Total gastos subvencionables

% Axuda solicitada

Axuda resultante

EELL 1/2019

Mancomunidade Interm. Voluntaria do Ribeiro

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3200021H

87.000,00 €

68,97

60.000,00 €

EELL 2/2019

Concello de Carballeda de Avia

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3201900B

50.850,00 €

78,66

40.000,00 €

EELL 4/2019

Concello de Vilaboa

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3605800F

28.960,55 €

80,00

23.168,44 €

EELL 5/2019

Mancomunidade Terra de Celanova

Adquisición de puntos limpos móbiles

P8202502D

46.587,13 €

80,00

37.269,70 €

EELL 6/2019

Concello de Barreiros

Adquisición de puntos limpos móbiles

P2700500H

59.175,37 €

67,60

40.000,00 €

EELL 7/2019

Concello de Pobra de Brollón

Adquisición de puntos limpos móbiles

P2704700J

12.090,47 €

80,00

9.672,38 €

EELL 8/2019

Concello de Portomarín

Adquisición de puntos limpos móbiles

P2704900F

35.937,00 €

80,00

28.749,60 €

EELL 9/2019

Concello de Santa Comba

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1507800I

49.875,00 €

80,00

39.900,00 €

EELL 11/2019

Agrupación Voluntaria Monterrei-Cualedro

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3205100E/ P3202900A

17.530,50 €

80,00

14.024,40 €

EELL 12/2019

Concello de Vimianzo

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1509300H

39.598,00 €

79,99

31.674,44 €

EELL 13/2019

Concello de Vimianzo

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P1509300H

33.400,00 €

79,99

26.716,66 €

EELL 14/2019

Concello de Vilardevós

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3209200I

17.237,90 €

80,00

13.790,32 €

EELL 15/2019

Concello de Cambados

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3600600E

36.127,39 €

80,00

28.901,91 €

EELL 17/2019

Concello de Soutomaior

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3605300G

28.960,55 €

80,00

23.168,44 €

EELL 19/2019

Deputación Provincial de Ourense

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3200000B

80.000,00 €

50,00

40.000,00 €

EELL 20/2019

Deputación Provincial de Ourense

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P3200000B

27.680,00 €

50,00

13.840,00 €

EELL 21/2019

Consorcio As Mariñas

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1500011J

35.970,30 €

80,00

28.776,24 €

EELL 22/2019

Concello de Xermade

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P2702100E

41.029,41 €

79,99

32.819,43 €

EELL 23/2019

Concello de Tomiño

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3605400E

28.904,77 €

80,00

23.123,82 €

EELL 24/2019

Concello de Outeiro de Rei

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P2703900G

31.617,30 €

80,00

25.293,84 €

EELL 25/2019

Agrupación Voluntaria Vilasantar-Boimorto

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1509100B/ P1501000B

39.600,00 €

80,00

31.680,00 €

EELL 27/2019

Concello de Vilar de Santos

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3209100A

10.634,69 €

80,00

8.507,75 €

EELL 28/2019

Concello da Mezquita

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3204900I

8.699,90 €

80,00

6.959,92 €

EELL 29/2019

Concello de Rianxo

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1507300J

49.610,00 €

79,00

39.191,90 €

EELL 30/2019

Concello de Porto do Son

Adquisición de puntos limpos móbiles

P1507200B

9.626,76 €

80,00

7.701,41 €

EELL 31/2019

Concello de Mondariz Balneario

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3603100C

9.658,76 €

80,00

7.727,01 €

EELL 32/2019

Concello da Laracha

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P1504200E

48.194,30 €

80,00

38.555,44 €

EELL 33/2019

Concello de Sanxenxo

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3605100A

40.000,18 €

80,00

32.000,14 €

EELL 34/2019

Concello de Carballo

Proxecto de recollida de fracción orgánica

P1501900C

49.903,49 €

80,00

39.922,79 €

EELL 35/2019

Concello de Ribadumia

Adquisición de puntos limpos móbiles

P3604600A

38.824,50 €

80,00

31.059,60 €