Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17943

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento SI431A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 22 de novembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro de 2020) que se indican no anexo, cun importe total de 449.996,77 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2020.

Esta convocatoria está financiada ao 80 % con fondos do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación», prioridade de investimento 9.3 «A loita contra todas as formas de discriminación e a promoción da igualdade de oportunidades», obxectivo específico 9.3.1 «Aumentar a integración sociolaboral das persoas pertencentes a colectivos máis vulnerables, a través de actuacións que fomenten a igualdade de xénero e a conciliación da vida persoal e laboral, evitando, pola súa vez, a discriminación múltiple», e liña de actuación 121 «Loita contra a explotación sexual e o tráfico de seres humanos, e apoio ás súas vítimas».

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº de expediente

Entidade solicitante

NIF

Total concedido

SI431A 2020/1

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor-Ferrol

R1500092J

52.532,60 €

SI431A 2020/2

Ecos do Sur

G15354483

52.532,60 €

SI431A 2020/3

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

26.685,45 €

SI431A 2020/4

Aliad-Ultreia

G27021120

62.772,80 €

SI431A 2020/5

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

63.863,80 €

SI431A 2020/6

Médicos do Mundo

G79408852

52.532,60 €

SI431A 2020/8

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

52.532,60 €

SI431A 2020/9

Fundación de Solidariedade Amaranta

G84913946

55.635,12 €

SI431A 2020/10

Cruz Roja Española

Q2866001G

30.909,20 €

449.996,77 €