Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (368/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 368/2019, por instancia de Serafín Álvarez Martínez contra Verónica Carro Ramos, Carlos Eduardo De Oliveira, Panadería Barcia, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, en que se ditou sentenza con data 3.12.2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímanse as demandas interpostas por Serafín Álvarez Martínez fronte a Verónica Carro Ramos, Panadería Barcia, S.L. e Carlos Eduardo De Oliveira, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase extinguido o contrato de traballo que unía a traballadora coa empresa Carlos Eduardo De Oliveira.

– Declárase improcedente o despedimento da demandante con data 31 de marzo de 2019.

– Condénase a empresa Carlos Eduardo De Oliveira a aboar á demandante a cantidade de 24.706,15 euros en concepto de indemnización por extinción da relación laboral, a cantidade de 14.802,71 euros en concepto de salarios de tramitación, a cantidade de 7.184,72 euros en concepto de prestacións de IT e complemento de IT pendente de pagamento, das cales responderá solidariamente a empresa Panadería Barcia, S.L. por importe de 1.912,56 euros, e da cantidade de 1.882,87 euros en concepto de vacacións, das cales responderá, con carácter solidario, a empresa Panadería Barcia, S.L. por importe de 1.443,54 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o que abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Carlos Eduardo De Oliveira, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza