Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18099

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de marzo de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que publica o emprazamento das persoas interesadas, para notificalas por comparecencia no emprazamento do recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 423/2019, contra a clasificación dos montes Chan do Mestre e outros (Redondela).

Por descoñecemento do lugar de notificación persoal e en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, avenida María Victoria Moreno, 43, 2º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de marzo de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra

ANEXO

Expediente: montes Chan do Mestre e outros.

Persoas interesadas: María Isabel López Lorenzo, José Luis Rivas Álvarez, María del Pilar Lorenzo Cabaleiro, Jaime Romero Domínguez, María Luisa Lage Soto, Francisco Núñez Carrera, Ángela Pérez González, Juan Cabaleiro Salgado, Hortensia Bastos Álvarez, José González Méndez, Josefa Margarita Carrera Villar, Carlos González Díaz, María del Carmen Tarrío Rodríguez, César Santos Barciela, Sonia María Gómez Rodríguez, Purificación Rodríguez Gómez, Emilio Rodríguez Fernández, Josefina Varela Castro, Florencio Costas Rivero, María Josefina Lourido Cobo, Renny Muiñas Besada, Carmen Pérez Costas, Antonio López Álvarez, Antonio Campos Sánchez, Victoria Alonso Piñeiro, Antonio Ballesteros Ballesteros e María Paz Pazo Rocha.

Acto notificado: emprazamento recurso contencioso-administrativo contra a resolución de clasificación dos montes Chan do Mestre e outros, solicitados pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Chapela (Redondela-Pontevedra). Procedemento ordinario 0423/2019.