O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.
Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.
Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
– Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada de Avícola O Marco, S.L. en Monterroso (Lugo).
Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
ANEXO
Expediente: 2019-IPPC-M-111.
Núm. da autorización ambiental integrada: 2016-IPPC-48-310.
Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.a) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.
Titular: Avícola O Marco, S.L.
NIF: B27231695.
Enderezo social: Ligonde-O Marco, s/n, 27568 Monterroso (Lugo).
Localización da instalación: parcela núm. 109 do polígono 9, Ligonde, concello de Monterroso (Lugo).
Actividade principal: explotación avícola de pavos.
Descrición: a explotación constitúe un núcleo de catro naves con capacidade para 49.752 prazas para pavos e unha esterqueira cuberta con capacidade para almacenar a produción de esterco de polo menos seis meses.
O período de crianza na explotación ten unha duración de 140 días, os paviños entran dun día e saen para o sacrificio cun peso medio de 7,5 kg para as femias aos 90 días e 12 kg para os machos aos 120 días. O resto do tempo, ata completar o ciclo de 140 días, realízase a operación de retirada de labra, limpeza e desinfección das naves e preparación para a nova crianza. Ao ano realízanse uns 2,4 ciclos produtivos.
Verteduras: as aguas fecais envíanse a unha fosa séptica logo da infiltración ao terreo. As augas de limpeza envíanse a unha fosa estanca sen vertedura nin infiltración, a cal se valoriza xunto co esterco xerado na explotación en parcelas agrícolas. As augas pluviais incorpóranse directamente ao medio.