Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete á información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Granjas Zas, S.L. para unha explotación porcina de ceba, no concello de Palas de Rei (Lugo) (expediente 2019-IPPC-M-109).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Proxecto de revisión de autorización ambiental integrada de Granjas Zas, S.L. en Palas de Rei (Lugo).

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-109.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2014-IPPC-25-307.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b) do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Granjas Zas, S.L.

NIF: B27490374.

Enderezo social: lugar Ponteferreira s/n, 27206 Palas de Rei (Lugo).

Localización da instalación: lugar Fontefría, parroquia Augas Santas, polígono 75, parcelas 173 e 166, 27205 Palas de Rei (Lugo).

Actividade principal: explotación porcina de ceba.

Descrición: a explotación constitúe un núcleo de oito naves (unha sen construír) con capacidade para 5.675 prazas para porcos de ceba de ata 100 kg de peso vivo e 1.043 prazas para leitóns de ata 20 kg de peso vivo. Ademais, a explotación dispón de tres fosas de xurro exteriores cubertas e está prevista a construción dunha esterqueira cuberta e a transformación dun almacén en esterqueira para almacenar a fase sólida do xurro, tras a instalación na explotación dun separador de fases sólido/líquido dos xurros.

Na explotación entran leitóns de 60 días de idade, que serán cebados ata a súa venda con 100 kg de peso vivo. O ciclo repetirase 2,5 veces ao ano. Así mesmo, entran leitóns con 30 días de idade, que serán criados ata a súa venda con 20 kg de peso vivo, o ciclo repetirase 8 veces ao ano. A limpeza do interior das naves realízase tras cada crianza.

Verteduras: as augas de lavado das instalacións son enviadas ás fosas de xurro da explotación para seren valorizadas xunto co xurro xerado en parcelas agrícolas. As augas pluviais incorpóranse directamente ao medio.