Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 13 de abril de 2020 Páx. 18151

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 46/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 46/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Simón Refojo Rey contra Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e o Fogasa, ditáronse as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela o dez de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Dispoño:

– Non procede despachar a execución interesada fronte a Campiñas de Laíño, S.A. e Refojo y González, S.L., por encontrárense as entidades en fase de liquidación concursal.

– Despachar orde xeral de execución da Sentenza número 102/19, do 28 de febreiro, ditada no procedemento DSP 164/18 e aclarada por auto do 18.3.2019, a favor da parte executante, Simón Refojo Rey, fronte a Fidel Derivados Cárnicos, S.L. e o Fogasa, parte executada, por importe de 30.172,18 euros en concepto de principal (13.521,74 euros en concepto de indemnización e 16.650,44 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.017,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, e a compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o dez de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada, Fidel Derivados Cárnicos, S.L., co fin de que, no prazo de dez días, aboe a cantidade de 30.172,18 euros en concepto de principal (13.521,74 euros en concepto de indemnización e 16.650,44 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 3.017,21 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 589 0000 64 0046 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Fidel Derivados Cárnicos, S.L. co fin de que, no prazo de 10 días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondos para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza