Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 15 de abril de 2020 Páx. 18366

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO da relación de aprobados para a praza de administrativo/a, por promoción interna (expediente 2615/2019).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2020-0463, do 23 de marzo de 2020, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de:

Identidade

DNI

Cristina Diz Pereira

...86...86

Característica da praza:

Funcionarios de carreira.

– Grupo, segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo. Acceso: provisión por promoción interna e concurso-oposición.

O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Caldas de Reis, 24 de marzo de 2020

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde