Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Xoves, 16 de abril de 2020 Páx. 18412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 3 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico do Proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico de San Xoán de Fecha, no río Tambre, nos concellos de Santiago de Compostela e Trazo, promovido por Hidro Energía Xana, S.L. (expediente 2018AAE2239; código 2287/2019).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 3 de abril de 2020, sobre o Proxecto sectorial do aproveitamento hidroeléctrico de San Xoán de Fecha, no río Tambre, nos concellos de Santiago de Compostela e Trazo, promovido por Hidro Energía Xana, S.L.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático