Conforme o disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), faise público que, por espazo de 30 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por Inleit Ingredients, S.L. para solicitar a autorización ambiental integrada da planta referida no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/→medio ambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).
Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático