Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 22 de abril de 2020 Páx. 18624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/297-1 novo).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 65, do 2 de abril de 2020, cómpre realizar a seguinte corrección:

Nas páxinas 17771 e 17772, na segunda epígrafe do número 2, Características técnicas, onde di:

«– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CT Uxes poboación (proxectado) (actuación núm. 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,010 km coa orixe e remate en empalmes proxectados na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o CS Souto (15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI unha vez entra e saia do novo CT Uxes poboación (proxectado)».

Debe dicir:

«– Liña eléctrica de media tensión soterrada ao CT Uxes poboación (proxectado) (actuación núm. 1) a 15 kV cunha lonxitude de 0,608 km coa orixe e remate en empalmes proxectados na LMTS GRN-704 no treito entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e o CS Souto (15CWB0) condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1x240 AI unha vez que entre e saia do novo CT Uxes poboación (proxectado)».